III CONCURSO O OLLO DE VIDRO

Iniciativa coa que se premiarán os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto, e cuxo ditame se dará a coñecer no mes de maio.

Os obxectivos que se perseguen con esta iniciativa son fomentar entre a cidadanía hábitos lectores, utilizando a lectura como fonte de información, aprendizaxe e enriquecemento persoal, ao mesmo tempo que se promove o uso do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.

Anuncios

Bases do concurso

UN PROXECTO IMPULSADO POR: FESTIVAL DE CANS

1. Participantes
Poden participar neste concurso todos aqueles proxectos presentados na convocatoria de 2018 que cumpran os requisitos esixidos.

2. Modalidades
Haberá tres modalidades:

  • A. Premio do xurado.
    O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor.
  • B. Premio do público.
    Resultará gañador o vídeo que obteña máis “gústame” dende o día da súa publicación ata o día e hora en que se pecha o prazo 3 de maio de 2018 ás 23:59h de Galicia.
  • C. Premio Festival de Cans.
    O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor.

3. Datas*

  • O prazo de envío de orixinais ábrese na data en que se publique esta convocatoria.
  • O prazo de envío péchase o 23 de abril de 2018 ás 23:59h de Galicia.
  • O prazo de votación comeza na data en que se publique esta convocatoria.
  • O prazo de votación remata o 3 de maio de 2018 ás 23:59h de Galicia.
  • O ditame do concurso farase público o 23 de maio de 2018 no Festival de Cans.

*Estas datas poden sufrir modificacións ao criterio da organización do concurso

4. Premios

A data e o lugar de recollida dos premios serán anunciados nas páxinas web das tres entidades convocadoras.

  • A. Premio do xurado.
    Dotación económica de 400€, escultura conmemorativa e un lote de libros.
  • B. Premio do público.
    Dotación económica de 250€ e un lote de libros.
  • C. Premio Festival de Cans.
    Hotel para dúas persoas (noite de venres 25 e sábado 26 de maio), dúas entradas para acceder ás curtametraxes a concurso do Festival de Cans, placa conmemorativa e un lote de libros.

En caso de que os traballos premiados foran realizados por menores terán que recoller o premio a persoa que deu a autorización.

5. Resultado e ditame
O resultado do Premio do Público e mais os ditames do Premio do Xurado e o Premio Cans do concurso faranse públicos o día 23 de maio de 2018 no Festival de Cans e nas páxinas web de Recoméndoche un libro e das entidades convocantes. O ditame será inapelable.

6. Xurado
O xurado estará formado por persoas escollidas polas entidades colaboradoras e organizadoras (EOI, IES Castelao, Biblioteca Xosé Neira Vilas, Festival de Cans, AVV Calvario, IES Pino Manso e Biblioteca Municipal do Porriño) e a súa composición farase pública xunto co ditame.

7. Imprevistos
A organización do concurso resérvase o dereito de modificar, ampliar, reducir, suspender ou cancelar o concurso sen previo aviso por calquera razón non imputable á organización, especialmente por causa de forza maior. A organización do concurso resérvase o dereito de anular e/ou cancelar a totalidade ou parte do concurso en caso de detectar fraude ou mal funcionamento das normas. Neste caso, resérvase o dereito a non dar un premio a calquera participante fraudulento. Unha acción fraudulenta descualifica inmediatamente á persoa que a cometeu.

A organización decidirá sobre os casos imprevistos que se poidan presentar e que non se recolleran nestas bases. Para maior información dirixirse a recomendocheunlibro@gmail.com

8. Aceptación das bases
Os participantes neste concurso deberán aceptar estas bases cumprimentando e asinando o “Documento de aceptación de bases”. CUBRIR ACEPTACIÓN DAS BASES.

Aceptación das bases

Cedo os dereitos de imaxe e son do presente vídeo para a súa difusión no proxecto “Recoméndoche un libro”, a través da súa publicación na canle de Youtube, nas páxinas web e nas redes sociais das entidades colaboradoras do proxecto, así como por calquera outro medio dos que dispoñan, coa finalidade de difundir e promover as actividades de dinamización que organizan as ditas entidades. Estas entidades garanten que a dita gravación non se difundirá para outros fins ou noutras canles que os anteriormente citados e nunca de forma comercial.

Autorización (no caso de ser menor de idade)

Como nai/pai/titor da persoa solicitante, autorízoa a inscribirse e asumo calquera responsabilidade que poida contraer.

Solicito participar no concurso “O OLLO DE VIDRO” e acepto explicitamente na súa totalidade as bases establecidas polas entidades convocadoras.