II CONCURSO O OLLO DE VIDRO

Iniciativa coa que se premiarán os traballos audiovisuais máis valorados de entre os participantes nese proxecto, e cuxo ditame se dará a coñecer no mes de maio.

Os obxectivos que se perseguen con esta iniciativa son fomentar entre a cidadanía hábitos lectores, utilizando a lectura como fonte de información, aprendizaxe e enriquecemento persoal, ao mesmo tempo que se promove o uso do galego como vehículo de comunicación nas redes sociais.

Bases do concurso

1. Participantes
Poden participar neste concurso todos aqueles vídeos presentados na convocatoria de 2017 que cumpran os requisitos esixidos.

2. Modalidades
Haberá dúas modalidades:

  • A. Premio do xurado.
    O xurado constituído a tal fin escollerá un vídeo, o que considere o mellor.
  • B. Premio do público.
    Resultará gañador o vídeo que obteña máis “gústame” dende o día da súa publicación ata o día e hora en que se pecha o prazo (20 de maio ás 24:00h de Galicia).

3. Datas*

  • O prazo de envío de orixinais ábrese na data en que se publique esta convocatoria.
  • O prazo de envío péchase o 12 de maio de 2017 ás 24:00h de Galicia.
  • O prazo de votación comeza na data en que se publique esta convocatoria.
  • O prazo de votación remata o 20 de maio de 2017 ás 24:00h de Galicia.
  • O ditame do concurso farase público o 25 de maio de 2016.
*Estas datas poden sufrir modificacións ao criterio da organización do concurso

4. Premios

  • Premio do xurado: 300 euros + escultura conmemorativa do artista Miguel Vázquez + Lote de libros (Agasallo da Editorial Galaxia)
  • Premio do público: 200 euros + Lote de libros (Agasallo da Editorial Galaxia)

5. Resultado e ditame
O resultado da modalidade A e mais o ditame da modalidade B do concurso faranse públicos o día 25 de maio de 2017 nas páxinas web das tres entidades convocadoras. O ditame será inapelable.

6. Xurado
O xurado estará formado por persoas escollidas polas entidades organizadoras (Escola Oficial de Idiomas, IES Castelao e Biblioteca Xosé Neira Vilas) e a súa composición farase pública xunto co ditame.

7. Imprevistos
A organización do concurso resérvase o dereito de modificar, ampliar, reducir, suspender ou cancelar o concurso sen previo aviso por calquera razón non imputable á organización, especialmente por causa de forza maior. A organización do concurso resérvase o dereito de anular e/ou cancelar a totalidade ou parte do concurso en caso de detectar fraude ou mal funcionamento das normas. Neste caso, resérvase o dereito a non dar un premio a calquera participante fraudulento. Unha acción fraudulenta descualifica inmediatamente á persoa que a cometeu.
O Comité organizador decidirá sobre os casos imprevistos que se poidan presentar e que non se recolleran nestas bases. Para maior información dirixirse a recomendocheunlibro@gmail.com

8. Aceptación das bases
Os participantes neste concurso deberán aceptar estas bases cumprimentando e asinando o “Documento de aceptación de bases”. CUBRIR ACEPTACIÓN DAS BASES.

Aceptación das bases

Cedo os dereitos de imaxe e son do presente vídeo para a súa difusión no proxecto “Recoméndoche un libro”, a través da súa publicación nan canle de Youtube, nas páxinas web e nas redes sociais das entidades organizadoras do proxecto, así como por calquera outro medio dos que dispoñan, coa finalidade de difundir e promover as actividades de dinamización que organizan as ditas entidades. Estas entidades garanten que a dita gravación non a difundirá para outros fins ou noutras canles que os anteriormente citados e nunca de forma cormercial.

Autorización (no caso de ser menor de idade)

Como nai/pai/titor da persoa solicitante, autorízoa a inscribirse e asumo calquera responsabilidade que poida contraer.